A dor da rexión lumbar é un dos problemas que afectan con maior
frecuencia á poboación xeral, sobretodo, nas idades que se
corresponden coa vida laboral do individuo. Isto é debido, principalmente,
aos esforzos mecánicos repetidos que sofre a columna vertebral que
poden derivar na dexeneración dos discos intervertebrales,
producíndose unha ruptura do anel fibroso, o que leva á migración do
núcleo pulposo. Isto pode, finalmente, orixinar unha hernia discal que
ocasiona unha clínica de dor ao comprimir as raíces nerviosas.
 O tratamento conservador desta patoloxía baséase na administración de
diferentes fármacos e repouso. En caso de non responder a este tratamento se
expón a realización dunha intervención cirúrxica. Hoxe en día ofértanse
novas terapias alternativas como é o caso da ozonoterapia que consiste
na administración dunha mestura de osíxeno e ozono inxectado de forma
paravertebral e/ou intradiscal. 
 O obxectivo deste traballo é avaliar a eficacia/efectividade e seguridade da técnica de osíxeno-ozonoterapia no tratamento da hernia discal.