A definición máis aceptada de hemorraxia ou sangrado de orixe escura (OGIB) é a da American Gastrointestinal Association que a define como a hemorraxia dixestiva de causa descoñecida que persiste e recorre (persistencia ou recurrencia de anemia ferropénica, sangue oculto en feces ou sangue visible) despois dun resultado inicial ou proba inicial
negativa no estudo endoscópico convencional colonoscopia e esofagogastroduodenoscopia).
 O diagnóstico etiológico desta patoloxía é difícil, debido fundamentalmente a que a sintomatología é pouco específica e o acceso ao intestino delgado moi laborioso pola súa gran lonxitude e sinuosidad.
 A cápsula endoscópica (CE) é un dispositivo do tamaño dunha cápsula de vitaminas grande que permite obter imaxes da totalidade do intestino delgado de modo cómodo e ambulatorio. Os resultados de varios informes, incluído un informe anterior da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t) puxeron de manifesto que o rendemento diagnóstico da cápsula é superior ao das técnicas convencionais (tránsito baritado, enteroclisis, enteroscopia por pulsión, etc.) pero descoñécese a efectividade fronte a novas tecnoloxías como a enteroscopia de dobre balón e existen grandes incertezas acerca da verdadeira efectividade desta técnica e a utilidade en canto ao manexo e consecuencias clínicas para o paciente.
 
 O obxectivo deste traballo é analizar a verdadeira efectividade da CE e a súa utilidade en canto ao manexo e consecuencias clínicas dos pacientes con sangrado gastrointestinal de orixe escura.