National Kidney Foundation (NFK) define a ERC (enfermidade renal crónica), a IRC (insuficiencia renal crónica) e a IRCT (insuficiencia renal crónica terminal) en función do aclaramento de creatinina (ClCr) e do dano renal. Preséntase ERC cando o ClCr é inferior a 60 ml/min/1,73 m2 durante un tempo  3 meses con ou sen fallo ou lesión renal, mentres que a IRC ou fallo renal defínese cando Clcr é menor de 15 ml/min/1,73 m2, acompañado na maioría dos casos a síntomas de uremia ou a necesidade de iniciar a terapia renal sustitutiva e a IRCT trátase dun termo administrativo, sen ter en conta o nivel de filtración glomerular do paciente. A IRCT é consecuencia da presenza doutras patoloxías como a diabetes mellitus, enfermidades vasculares, glomerulonefritis crónica e outras. A terapia renal sustitutiva (TRR) de elección en pacientes con IRCT é a hemodiálisis. A supervivencia aos 5 anos, en pacientes dializados, é superior ao 89% en menores de 44 anos e inferior ao 20% en maiores de 75 anos. Segundo a TRR que reciba o paciente a supervivencia aos 5 anos é do 88.2% en trasplantados e do 47% en pacientes que reciben HD. A HD diaria representa unha técnica dialítiaca emerxente que supón un elevado custo para o sistema sanitario en persoal e material fungible xa que se realizan de 5-6 sesións semanais e os pacientes deben ser tratados para sempre ou ata que reciban un transplante. Indicouse a HD diaria por ser unha técnica dialítica máis fisiológica que a convencional porque habería menor variación interdialítica nos distintos parámetros, o que se traduciría nunha mellor condición clínica do paciente.
 O obxectivo deste informe é determinar a frecuencia de hemodiálisis máis adecuada en función dos beneficios clínicos para os pacientes en termos de morbilidad e mortalidade, da aceptabilidade da modalidade de diálese por parte dos pacientes e da súa calidade de vida.