O obxectivo da Acción para a cooperación en avaliación de tecnoloxías sanitarias (ETS), enmarcada en el plan de traballo de 2015 (http://ec.europa.eu/health/programme/events/adoption_workplan_2015_en.htm) é apoiar a cooperación voluntaria a nivel científico entre organismos responsables de avaliación de tecnoloxías para validar o modelo de traballo conxunto, que se manterá despois da finalización do Programa de Saúde financiado pola UE. A cooperación entre os organismos nacións e internacionais de ETS é esencial para alcanzar as disposicións do artigo 15 da Directiva 2011/24/EU do Parlamento e do Congreso, relativa á aplicación dos dereitos dos pacientes na asistencia transfronteiriza sanitaria e para crear sinerxia coa Rede Europea de Cooperación en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, establecida baixo esta directiva.
 Esta colaboración pretende aumentar o uso, calidade e eficiencia do traballo conxunto en ETS a nivel europeo, sustentar a selección sustentable e equitativa de prestacións sanitarias, ademais de asegurar a reutilización dos informes e actividades a nivel nacional e rexional, evitando a duplicidade de avaliacións.
 Espérase tamén que a cooperación mellore o uso, calidade e eficiencia do traballo en ETS a nivel nacional e a nivel da UE: a )mellorando as avaliacións de evidencia clínica e aumentando a produción de informes colaborativos de ETS, incluíndo os informes producidos a nivel da UE para ser reutilizados a nivel nacional e rexional; b) aumentandoa capacidade e coñecemento dos organismos de avaliación; c) incrementando os coñecementos dos aspectos cualitativos e metodolóxicos da ETS ; d) aumentando as sinerxias entre ETS e os requirimentos normativos e f) definiendo un modelo sustentable despois da finalización do Programa de Saúde.
 A acción sostense nos resultados obtidos nas JA previas (EUnetHTA 2012-2015) e a Rede Europea de Cooperación en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias creada en outubro do 2014. A acción levarana a cabo os organismos nacionais con autoridade neste campo, para definir un modelo de traballo sostenible para todos os Estados Membros que estean dispostos a cooperar en ETS .