Obxetivos del WP4-Joint Production
  • Produción conxunta de informes de avaliación. Os informes deberán adaptarse á finalidade prevista, ser de elevada calidade, oportunos e cubrir todo o abanico de tecnoloxías sanitarias.
  • Perfilar o proceso de produción conxunta en base á experiencia previa adquirida na JA2 e testar a colaboración entre axencias para o desenvolvemento de informes que faciliten información oportuna.
  • Desenvolver e refinar un sistema de detección de tecnoloxías novas e emerxentes, selección e priorización en estreita colaboración co Comité de Ligazón de EunetHTA e outros WP.
  • Desenvolver un procedemento que facilite a implementación dos informes colaborativos a nivel  nacional e rexional.
  • Informar respecto ao procedemento final e proporcionar recomendacións respecto da implementación dun modelo europeo sustentable.