O queratocono (QC) é unha enfermidade dexenerativa da córnea de etioloxía descoñecida. Caracterízase por un adelgazamento progresivo da córnea na que adopta forma de cono irregular, orixinando unha importante deterioración visual. Actualmente, as opcións terapéuticas dispoñibles ofrecen una corrección temporal do  defecto refractivo, pero nou abordan o problema subxacente da integridade biomecánica da córnea, nin a posibilidade de atrasar e/ou deter a progresión da enfermidade. O entrecruzamento do coláxeno corneal asistido con iontoforese (CXL-I), é unha técnica transepitelial, non invasiva, que trata de incrementar a estabilidade biomecánica da córnea, combinando unha solución oftálmica de riboflavina (vitamina B2) e radiación ultravioleta A. Para potenciar a difusión da riboflavina a través do epitelio intacto, aplícase un campo eléctrico local de baixa intensidade. Este procedemento exponse como opción terapéutica capaz de deter ou atrasar a progresión da enfermidade.
 O obxectivo do presente informe é avaliar a efectividade e seguridade clínica do entrecruzamento do coláxeno corneal asistido con iontoforoese (CXL-I) como técnica terapéutica no tratamento das ectasias corneais e outras patoloxías da córnea.