A Unidade de Asesoramento Científico-técnico (avalia-t), dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) forma parte da  Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias y Prestaciones del sistema Nacional de Salud.


O obxectivo desta estrutura é fundamentar a toma de decisións sobre a incorporación, condicións de financiación ou desinversión e uso apropiado de tecnoloxías sanitarias co fin de promover a equidade e sostenibilidade do Sistema Nacional de Salud (SNS).


Os principios que inspiran esta coordinación son a coherencia coas prioridades do SNS, a solidez e o rigor, a independencia, a transparencia e a cooperación.


A partir da síntese de información científica rigorosa e de calidade, elabóranse informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias, documentos de apoio metodolóxico, guías de práctica clínica e outros produtos baseados na evidencia.


Neste contexto, dentro do plan de traballo do ano 2016, a avalia-t correspondeulle a seguinte actividade:


No apartado de avaliación de tecnoloxías, os informes titulados:

  • Nucleolisis discal percutánea con láser.
  • Utilidade da cirurxía no linfedema de extremidades.
  • Efectividade do soporte circulatorio percutáneo Impella CP no shock cardioxénico.
  • Inxeccións intravítreas. Efectividade e seguridade en función do lugar do procedemento.
  • Mastectomía profiláctica bilateral fronte a outras opcións terapéuticas en mulleres portadoras de brca1/brca2.
  • Seguridade e eficacia dos estents recubertos de anticorpos no tratamento da estenose coronaria en pacientes con lesiones de novo.


No que respecta ás guías de práctica clínica:

  • Guía de Práctica Clínica sobre o manexo da depresión na infancia e a adolescencia (actualización).


Por último, dentro da línea de documentos metodolóxicos:

  • Desenvolvemento e pilotaxe da ferramenta Pritec (2ª parte).
  • Guía para a elaboración de recomendaciós e criterios de uso adecuado de tecnoloxías sanitarias (en colaboración coa Agencia de Evaluación de Tecnologías Sanitarias de Andalucía, AETSA).
  • Elaboración de Guías de Práctica Clínica no Sistema Nacional de Saúde. Actualización do Manual Metodolóxico (proxecto colaborativo realizado no marco do Programa de Guías de Práctica Clínica no SNS, coordenado por GuíaSalud).

 

Actividad 2016.png
​​