O linfedema débese a un aumento anormal de líquido rico en proteínas no espazo intersticial por mor dun trastorno da circulación linfática. Esta acumulación produce un aumento da circunferencia do membro afectado, limitando a súa mobilidade e minguando a calidade de vida do paciente que a sofre. O tratamento de referencia consiste en medidas conservadoras, baseadas no que se coñece como Terapia Desconxestiva Complexa, que constitúe un tratamento multimodal que inclúe varias técnicas como a drenaxe linfático manual, terapia de compresión, exercicio específico e o estrito coidado da pel e educación do paciente en medidas hixiénico-dietéticas. Estas terapias consiguen retardar a evolución do linfedema e diminuír o volume dos membros afectados nos estadios iniciais, pero non curan a enfermidade.

 Con este informe avalia-t analiza a seguridade, efectividade e eficacia das técnicas microquirúrxicas reconstructivas do linfedema secundario en pacientes que non responden ao tratamento conservador e avaliar a efectividade comparada da microcirurxía do linfedema co tratamento conservador. O obxectivo secundario é analizar aspectos organizativos e custos da microcirurxía do linfedema.