A cardiopatía isquémica (CI) atópase dentro das cinco principais causas de éxitus en España, cunha tasa de mortalidade en torno aos 75 falecementos por 100.000 habitantes. Actualmente o principal tratamento na revascularización miocárdica é a anxioplastia coronaria transluminal percutánea (ACTP) con estents metálicos ou con estents liberadores de fármacos.

En 2012 a media de ACTPs en España foi de 1434/106 habitantes. Recentemente xurdiu un novo dispositivo que pode actuar como complemento ou alternativa aos estents, o balón liberador de fármaco (BLF), que utiliza paclitaxel como fármaco antiproliferativo, e que non deixa estruturas permanentes no vaso. Foi avaliado tanto nas lesiones lesións de reestenosis intraestent, onde pode evitar as múltiples capas que deixarían novos estents, así como en lesions de novo onde pode ser máis difícil utilizar un estent.