Existen poucas opcións de tratamento dispoñibles para pacientes con insuficiencia hepática aguda ou insuficiencia hepática crónica agudizada. O transplante hepático é o único tratamento verdadeiramente eficaz. Por iso, debido á escaseza de órganos e o alto custo dos transplantes, así como ás elevadas taxas de mortalidade, búscanse outras alternativas de tratamento, unha delas é o sistema MARS® (Molecular adsorbent Recirculating System). O seu obxectivo é substituír as funcións hepáticas proporcionando a recuperación hepática ou a estabilización do estado clínico do paciente ata que se poida realizar o transplante.