A Rede Española de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do  SNS ( Redets) está formada polas axencias ou unidades de avaliación da administración xeral de estado e das comunidades autónomas que traballan de forma coordinada, cunha metodoloxía común e baixo o principio de recoñecemento mutuo e a cooperación.
No marco da liña de desenvolvementos metodolóxicos espúxose a necesidade de contar con ferramentas para medir a calidade nos  nodos que compoñen  Redets para introducir a xestión da calidade e a procura da excelencia nos mesmos.
avalia- t, xunto co resto das axencias de avaliación pertencentes a  Redets  participou neste proxecto colaborativo,  cuxo obxectivo é proporcionar unha ferramenta de colaboración que recolla os criterios de calidade e boas prácticas a seguir polas distintas axencias e organismos pertencentes a  Redets.